PENSIÓN BAJAMAR
Ladrido s/n
Ortigueira
A Coruña 15339
bajamarladrido@gmail.com
981 408 063

BERTÓNS CON CARNE

O caso é que sempre que quero facerlle unha foto á pota coa comida recén feita, empáñaseme o obxectivo da cámara e non alcanzo a fotografar con xeito aquilo que me propoño.
Esta vez eran uns bertóns con costela, chourizo e patacas.
Aínda que os bertóns teñen aspecto de verza pequena, a textura é máis fina e o sabor quizás non sexa tan potente.
Como preparalos? Ademais de recheos, que disque é tipico destas terras, aínda que eu nunca os vin nin os probei, pódense cocer con un pouco de costela desalgada e uns chourizos. Finalmente, aplícaselles unha allada con pemento doce, tan tradicional no país.
Quedan así de vistosos e verdosos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario